Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


PEDRAFITAS - MENHIR

Pedrafita-Menhir de San Cosme de Mántaras: Solsticio de Invernía

Rexistro en vídeo da marcaxe solsticial de Invernía na pedrafita-menhir de San Cosme de Mántaras (Irixoa. Terra das Mariñas-A Coruña).
Máis datos acerca desta pedrafita no traballo do título publicado no "Fol de Veleno-2.015, anuario nº 5 da S.A.G.A.


PEDRAFITA "MARCO DO SALTO" (Cabanas. Terras do Eume-A Coruña)

O "Marco do Salto" localízase no Concello de Cabanas (Terras do Eume-A Coruña), cumpre función liminal entre as freguesías do Salto (Sta. Cruz), Laraxe (San Mamede) e Irís (Sto. Estevo). 

Ofrécese en material de pedra de Granito cunha fasquía pulida e fálica, ten un contorno na súa base de 100 cm. e de 85 cm. na croa, a partir da liña terriza conta cunha altura máxima de 54 cm. na banda S.O.

Esta pedrafita goza de propiedades curativas contra do Meigallo e o Mal de Ollo tanto nas persoas coma nos animais; nalgunhas localidades inmediatas especifican do animal en cuestión: "Para 
as vacas enfermas". 

No ritual a seguir para erradicar estas enfermedades "non de médico" debe deixarse unha prenda ou complemento propiedade da persoa á que se desexa dar remedio e liberar do mal, no caso de ser a propia persoa afectada quen realiza o ritual pousará unha moeda na coviña que destaca no centro da súa croa ou ben procederá a deixala no redor inmediato do marco, ben en superficie ben soterrada ao pé . No caso da curación dun animal déixase un mechón dos pelos do rabo do animal, e de ser este unha Vaca falan na veciñanza da opción optativa de deixar unha botella que conteña seu leite.



 


PEDRAFITA "MARCO DO SEIXO (OU DE TORRES)"

A pedrafita "Marco do Seixo" establécese nun cruce de camiños, a carón do cambio de vertente do Monte Grande -que conta cunha pequena necrópole tumular- (Vilarmaior), constituíndose como punto liminal das freguesías de San Fiz de Monfero, San Xurxo de Torres e Santiago de Vilamateo (Vilarmaior), ao tempo que entre ámbolos dous devanditos concellos coruñeses de Monfero (Terras do Eume) e Vilarmaior (Terra das Mariñas).

 


Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal