Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


SOBRE A PARTICIPACIÓN NAS “I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO”

SOBRE O LIBRO “ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA”

Diario de Pontevedra. Suplemento Revista

La Voz de Galicia

SOBRE O “ROTEIRO DAS MOURAS”

A SEGA E A ELABORACIÓN DOS PALLEIROS. NOVO AUDIOVISUAL ETNOGRÁFICO DA SAGA E VAIPOLORÍO

A SAGA atópase en plena filmación dun novo documental etnográfico sobre a sega e a elaboración dos palleiros. O traballo audiovisual, a iniciativa da asocación cultural e ecoloxista Vaipolorío, corre a cargo da Sociedade Antropolóxica Galega baixo a realización técnica do compañeiro João Bietes.

DESCUBRIMOS NOVOS PETRÓGLIFOS NOS “SETE CAMIÑOS”

O arqueólogo e compañeiro da SAGA Lukas Santiago ven de descubrir un novo petróglifo na parroquia pontevedresa de Lourizán. Ó petróglifo do Outeiro da Edra, como así foi bautizado,  hai que sumarlle o descuberto hai uns meses polo antropólogo da SAGA Rafael Quintía:  o petróglifo de Pedra Escorregadoiro. Ámbolos dous achádegos veñen a imcrementa-lo xa rico patrimonio arqueolóxico dos Espazo dos Sete Camiños. Estes novos xacementos foron postos en coñecemento do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia para que procedan á súa catalogación e protección.

O DESCUBRIMENTO DO PETRÓGLIFO DO OUTEIRO DA EDRA NA PRENSA

DESCUBRIMOS UNHA NOVA MÁMOA NOS “SETE CAMIÑOS”

Descubrimos unha nova mámoa no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/10/29/hallan-mamoa-monte-lourizan/0003_201210P29C19913.htm#.UI44z40QaZ4.facebook

A PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL “METOCAS”. IMAXES E RESEÑAS EN PRENSA

INSTANTÁNEAS DA PRESENTACIÓN DE METOCAS

De esquerda a dereita: Ramón Laxe (presidente de A.V. Heros do Campo da Pprta, Gonzalo Sancho (presidente de Vaipolorío) e João Bieites (Sociedade Antropolóxica Galega)

NOVO DOCUMENTAL DA SAGA

Estamos en plena gravación do terceiro documental da SAGA para os amigos da asociación Vaipolorío. Este traballo audiovisual, que corre a cargo do compañeiro João Bieites, leva por título “Sementeira do centeo” e completa a triloxía adicada ós labores do campo na contorna do val do río Tomeza.

A SAGA NAS “I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO”

. No transcurso das tres semanas que duran estas xorndas organizadas pola asociación Queremos Galego Marín presentarémo-lo anuario “Fol de Veleno”, proxectarémo-lo documental “Sete camiños, encrucillada do tempo” e poderemos guiar a quen así o queira polo patrimonio e as lendas do roteiro dos Sete camiños. Parabéns ós organizadores pola iniciativa.

O ANUARIO “FOL DE VELENO 2013″ NO SUPLEMENTO DOMINICAL DO DIARIO DE PONTEVEDRA

Reseña publicada o domingo 21 de abril, na sección Anaquel dos Libros do suplemento dominical do Diario de Pontevedra

O PROXECTO DO ALTO TÁMEGA EN “GALICIA CONFIDENCIAL”

REMATAMOS A FILMACIÓN DO DOCUMENTAL “A MEDA DO CENTEO”

Esta mes de agosto rematáronse os traballos de gravación do audiovisual “A MEDA DO CENTEO”,  terceira entrega da triloxía: CONSTRUCIÓNS VEXETAIS EFÉMERAS DO VAL DO RÍO TOMEZA (GAFOS). Unha serie de tres documentais promovida pola asociación medioambiental Vaipolorío de Pontevedra e cuxa realización, gravación e edición correu a cargo de João Bieites da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

Faro de Vigo, 21 de agosto de 2013

Faro de Vigo, 21 de agosto de 2013

Diario de Pontevedra, 22 de agosto de 2013

Diario de Pontevedra, 22 de agosto de 2013

AS “II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA” NA PRENSA

Entrevistas e reseñas de prensa publicadas co gallo da celebración das “II Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) esta pasada semana. Ademais das Xornadas, falamos do traballo de recuperación que estamos levando a cabo dende a SAGA

DIARIO DE PONTEVEDRA

AS PEDRAFITAS NO FARO DE VIGO: ENTREVISTA AO COLABORADOR ALBERTE ALONSO

AS PEDRAFITAS NO FARO DE VIGO: ENTREVISTA AO COLABORADOR ALBERTE ALONSO

ENTREVISTA REALIZADA AO COLABORADOR DA SAGA ALBERTE ALONSO CO GALLO DA PUBLICACIÓN DO LIBRO "O USO DAS PEDRAFITAS NO NEOLÍTICO GALEGO", PRIMEIRO NÚMERO DA COLECCIÓN DE MONOGRAFÍAS DA SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA.

A PRENSA RECOLLE A PUBLICACIÓN DO LIBRO “PARA CANTAR VEÑO EU. UNHA VIAXE POLA CULTURA MUSICAL GALEGA DA MAN DOS CHICHISOS”.

      

      

O Documental "Comuneiros" na prensa.

COMUNEIROS. CEN ANOS DE VIDA E LOITA POLO MONTE DE SALCEDO

O pasado cinco de novembro de 2011 tivo lugar a presentación do documental "Comuneiros. 100 anos de vida e loita polo monte de Salcedo", unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo.

O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

O Documetal Sete Camiños na prensa

Documental sobre o Espazo Arqueolóxico e Natural dos Sete Camiños

A prensa escrita faise eco do documental sobre o Espazo Arqueolóxico e Natural dos Sete Camiños.

Recortes:

             

       

OS MEDIOS FANSE ECO DA PRESENTACIÓN DE “PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO”

Sorprendido e agradecido pola boa acollida que tivo na prensa a publicación e presentación do meu libro “Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo”. Tamén debo dar as grazas ao concello de Pontevedra e en especial ao concelleiro de Patriomonio Hitórico Luis Bará polo apoio a este traballo e pola rolda de prensa que organizaron onte no concello para anunciar a presentación do libro que terá lugar mañá. Semella que pouco a pouco imos collendo conciencia da importancia e valor do noso patrimonio cultural e, sobre todo, inmaterial.

SOBRE O ANUARIO “FOL DE VELENO 2013″

Diario de Pontevedra

FALANDO DO TÚMULO DE COESES

El Progreso

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal