Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


MAR E TERRA. ASPECTOS MODAIS DA VIDA TRADICIONAL

Aguzando, Espantando e crabuñando

Neste modesto vídeo, o sr. Eugenio e mailo seu fillo Nito amósannos a forza e a autenticidade que reside no interior dos xestos caseños. Cousas miúdas sobre as que se mantén en pe calquera cultura; calquera imperio. Moitas destas accións, lamentablemente, son xa apenas “materia de museo”, escenas dun mundo cotiá que compre documentar e compartir. É por elo que inauguramos con esta entrada o noso “Museo Galego dos Xestos”, en colaboración ca Sociedade Antropolóxica Galega SAGA.


Sen Sal.

O duro traballo das mariscadoras noiesas na ría.


Mariscadoras do berberecho. Noia, Galicia.

O fotógrafo da SAGA, mergullado até medio corpo como as mariscadoras da Ría de Noia, en Galicia, segue os traballos de extracción do valioso marisco. O exercicio deste traballo no mar conecta dun xeito moi fondo e consistente a realidade antropolóxica e económica actual cas remotas actividades orientadas cara a supervivencia e desenvolvidas ó longo destas costas dende hai milleiros de anos. Mais aló dunha mera actividade económica, a saída cara ó mar de centos de mulleres para realizar o duro traballo do marisqueo, representa tamén a culminación dunha complexa urde de interrelacións nas que median as categorías de xénero, identidade, parentesco, e todos os demais referentes antropolóxicos que premiten apreciar no reflexado no vídeo todo o sabor e intensidade dos ritos mais fecundos.


Unha moza na Aira de Punxeiro

No ano 2015 celebrouse novamente a Romaría da Malla de Punxeiro. Este video resume o proceso final no que o pan é mallado a man na aira preparada para esta ocasión. Previamente, o valioso gran xa fora segado con fouces e carretado nun carro tradicional tirado por dous magníficos exemplares da raza Vianesa aportados polo prestixioso criador Mario Nogueira. Opreceptivo xantar á sombra do souto de castiñeiros e os xogos poulares tradicionais tamén formaron parte dun programa artellado e desnvolvido grazas ó esforzo das persoas da bisbarra, nomeadamente ás dos pobos de Punxeiro, Quintela do Pando e outros.


No Muiño de Nocedo


Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal