Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


LENDAS, RITUAIS, CERIMONIAS E LUGARES DE CULTO

Xoves Santo - Xironda 2012

Procesión de Xoves Santo no pobo da Xironda, Cualedro, Ourense, Galicia. Logo da misa os fieis procesionan, no medio da noite, entre a igrexa do pobo e unha antiga capela dentro da mesma poboación. Levan uns farois feitos de papel e madeira.

Queima dos Xudas en Montalegre 2012.

Queima dos Xudas no pobo de Montalegre, ano 2012.

Ritual de cortar a pezoña

Rito curativo da medicina popular galega para tratar o mal da pezoña.

Lendas do Outeiro das Mouras

Lendas de mouras asociadas ós petróglifos do Outeiro das Mouras. Parroquia de San Martiño de Salcedo, Concello de Pontevedra. Galicia. Fragmento do documental "Comuneiros. Cen anos de vida e loita no monte de Salcedo".

Falando do Santuario da Nosa Señora da Lanzada no programa Verán, Verán

Entrevista ó antropólogo Rafael Quintía con motivo da publicación do seu libro "A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario costero". No programa Verán, Verán de Canal Rías Baixas. Data:19/08/2011

Corpus SL Matasueiro

Na primaveira, o xoves seguinte ó noveno domingo despois da primeira lua chea do hemisferio norte, celébrase, na comunidade católica, o "Corpus Christi". Esta celebración de orixe belga, foi creada na primeira metade do século XIII na diócese de Liexa, seica promovida pola mística Santa Julienne du Mont-Cornillon. Un par de décadas despois, nunha diócese italiana acontece segundo as crónicas, un caso semellante ó que protagonizou o Cebreiro galego e relacionado tamén ca eucaristia. En Bolsena, no Lacio do centro desta península, nunha misa, unha hostia sangra milagrósamente.

Santa María de Lamas. Unha parroquia con lenda

Neste audiovisual da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) da man do seu sancristán abrímo-las portas do templo parroquial de Santa María de Lamas, concello de Boqueixón. Unha igrexa que atesoura fermosas lendas, antigas crenzas e valiosas reliquias.

Lendas do castro de Mallou

As lendas tecidas ó redor do castro de Mallou adaptadas e contadas para os nenos pola actriz Soledad Felloza.Video realizado pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) dentro do seu traballo de colaboración no proxecto arqueolóxico do castro de Mallou no verán do 2013.

A Procissâo das Alminhas. Clara Pinto

Durante as II Jornadas das Letras Galego-Portuguesas, nas que tivemos a honra de participar no ano 13, puidemos coincidir ca polígrafa, historiadora da Ciencia e Bióloga Clara Pinto Correia .
O que non sabíamos era que ela tiña, ademais, unha grande sensibilidade a prol da música popular. Da mellor das maneiras, ou sexa, cando menos o esperabamos, descubriunos un excepcional tesouro da cultura tradicional dos pobos transmontanos. A polifonía das Almiñas no Barroso, ou de cómo as montañas deviñeron transformadas en instrumentos musicais.
Ela mesma o explica e despois...o canta. 
Un documento de primeira orde.

Lendas recriadas de San Martiño de Salcedo

Recreación de lendas recollidas na parroquia de San Martiño de Salcedo. Extraído do documental "Sete camiños. Encrucillada do tempo".

Lendas das Mouras do Monte das Croas

Lendas das mouras do monte do Croas recollidas na parroquia de Salcedo, Pontevedra.

Pedrafita Marco do Salto (Cabanas. Terras do Eume-A Coruña)

O "Marco do Salto" localízase no Concello de Cabanas (Terras do Eume-A Coruña), cumpre función liminal entre as freguesías do Salto (Sta. Cruz), Laraxe (San Mamede) e Irís (Sto. Estevo). 

Ofrécese en material de pedra de Granito cunha fasquía pulida e fálica, ten un contorno na súa base de 100 cm. e de 85 cm. na croa, a partir da liña terriza conta cunha altura máxima de 54 cm. na banda S.O.

 

A Pedra da Serpe

A “Pedra da Serpe”é un monumento lítico único de orixe descoñecida e datación aínda incerta, ubicado en Gondomil (Corme Aldea, freguesía de Santo Adrán), concello de Ponteceso (Costa da Morte-A Coruña). Documentado polo arqueólogo B. Sivelo en “Antigüedades de Galicia” (1.875) sempre espertou a curiosidade dos historiadores.

Conta a lenda que unha vez chegado Sto. Adrán librou a esta terra da praga das serpes ao petar fortemente co pé no chan, e facelas desaparecer todas ficando encantadas baixo este penedo. Disque na praia próxima da Ermida aínda se ven, entre a area, os tocos das árbores da antiga e rica vila de Valverde, queimada polos romanos para escorrentar as serpes.

 

Pedrafita Marco do Seixo (ou de Torres)

A pedrafita "Marco do Seixo" establécese nun cruce de camiños, a carón do cambio de vertente do Monte Grande -que conta cunha pequena necrópole tumular- (Vilarmaior), constituíndose como punto liminal das freguesías de San Fiz de Monfero, San Xurxo de Torres e Santiago de Vilamateo (Vilarmaior), ao tempo que entre ámbolos dous devanditos concellos coruñeses de Monfero (Terras do Eume) e Vilarmaior (Terra das Mariñas).

 

Culto litolátrico e sincretismo relixoso no santuario da Virxe do Nordés

A tradicional romaría da milagreira Virxe do Nordés, coñecida popularmente como "Virxe de Chamorro" en virtude do topónimo do monte -dos sobranceiros da localidade ferrolá- onde fica seu santuario, é unha celebración coincidente co Luns de Pascua. Conta desde sempre con grande sona en Ferrolterra, constituíndose como un multitudinario punto de encontro para os miles de romeir@s que adoitan acudir ao lugar, ben sexa por interese relixoso, por puro interese cultural ou ben por un simple interese turístico motivado polo seu ambente marcadamente campestre, festeiro, de venda de mercadorías e a privilexiada localización natural que ofrece a ubicación para disfrutar dunha fantástica e ampla vista panorámica que abrangue desde o alto a cidade departamental de Ferrol, os seus redores e as augas da Ría nordeña que bañan este litoral.

Representación das lendas da Pena Molexa

Evento de carácter anual, representado na ubicación natural da Pena Molexa, que toma parte do conxunto de actividades organizadas polo Padroado de Cultura do Concello de Narón xunto coa AA.VV. "Irmandiños de O Val" na celebración do XX aniversario das "Lendas da Pena Molexa".

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal