Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


EMPOTRADOS NO FULIÓN DE VIANA DO BOLO

Logo_SAGA

Chantados no Fulión de Viana do Bolo. Sangue, suor e gloria en Lisboa.

Por Miguel Losada Secretario SAGA

Algunha das crónicas mais antigas recollen xa a existencia de informantes integrados en colectivos de diversa caste,
nomeadamente os militares. Soldados como Jenofonte ou o mesmo Xulio Cesar, actuaron como observadores 
privilexiados na campaña contra os Persas e a guerra das Galias. Actuaron coma cronistas dende unha atalaia moi 
principal dentro daqueles procesos. Moito mais recentemente reporteiros gráficos coma “ Robert Capa” – E.E. 
Friedman, en realidade –  participaron no desembarco aliado das praias normandas.

Finalmente, durante os derradeiros conflitos bélicos do século XX e debido probablemente ó rol xogado polos medios 
de comunicación, cobrou gran popularidade o concepto de “empotrado” referido especialmente á profesión
periodística. Lembren a guerra do Golfo Pérsico.

A nosa vivencia desta situación non pode ser obxectivamente comparada ca intensidade vital destes exemplos. 
Mais si que é verdade que, subxectivamente, coñecer dende dentro a dinámica do Fulión, compartir a ilusión deste
colectivo e ver de primeira man a capacidade que ten a nosa cultura para ser un referente a escala mundial 
foi impresionante.

Sangue,suor e gloria en Lisboa. Foto Pedro G. Losada. SAGA.

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal