Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


SAGA

A SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA (SAGA):

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) constitúese como unha asociación cultural sen ánimo de lucro e declarada de carácter social cuxos obxectivos son a investigación e a divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional —tanto material como inmaterial— e de todos os aspectos enmarcados dentro do campo da antropoloxía social e cultural, así como a promoción de todas aquelas actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.

Para levar a cabo todo este labor, a sociedade conta coa colaboración dun amplo número de profesionais das distintas áreas que abrangue o proxecto. Ao abeiro da SAGA reúnense antropólogos, etnógrafos, arqueólogos, historiadores, filólogos, artistas plásticos, restauradores de arte, técnicos en audiovisual, músicos e moitos outros colaboradores comprometidos coa nosa aventura cultural e social.

Entre os proxectos que ten en marcha a Sociedade Antropolóxica Galega cabe salientar:

- TRABALLO EDITORIAL

  • A publicación do anuario Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza. (ISSN: 2253-837)
  • A publicación do seu boletín informativo Caderno de Campo (ISSN: 2254-3406).
  • A publicación de SAGA. Revista dixital de investigación. (ISSN: 2254-5964).
  • A publicación da súa colección Cadernos da Sociedade Antropolóxica Galega (ISSN: 2341-099X).
  • A publicación de CANXAR. Revista de fotografía etnográfica. (ISSN:  2792-3363).
  • A publicación das Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega (ISSN:2341-0353). Colección de monografías de temática antropolóxica, etnográfica ou histórica.
  • A publicación doutros libros de corte antropolóxico ou histórico.


- TRABALLO AUDIVISUAL

A realización de documentais e doutros traballos audiovisuais no eido da divulgación do patrimonio material e inmaterial da cultura galega. Cítense:

  • Muíños. A memoria da auga (2016).
  • Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011).
  • Sete Camiños, encrucillada do tempo (2011).
  • a triloxía Centeeira (2014),
  • O palleiro de herba (2013).
  • Metocas (2012).

- PRESENTACIÓNS, XORNADAS E CONFERENCIAS

A organización de presentacións, xornadas e conferencias sobre os temas obxecto do noso labor. Entre elas podemos salientar as xornadas anuais:

  • “Xornadas sobre o Entroido en Galiza” .
  • “Xornadas sobre antropoloxía”.

- PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

A posta en marcha de proxectos de investigación antropolóxicas sobre diferentes aspectos que van dende o campo das crenzas, da relixiosidade e do mundo simbólico galego ata a antropoloxía urbana.

- PROGRAMAS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO

A realización de programas de posta en valor do patrimonio material e inmaterial, entre os que se inclúe a creación de roteiros culturais. Formou parte da comisión técnica para a posta en marcha e divulgación do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Tamén formou parte do proxecto de arqueoloxía social do castro de Mallou e, xunto á Universidade de Vigo, do proxecto Alto Támega, accións na paisaxe patrimonial, entre outras moitas iniciativas e proxectos.

 

Máis información:

Web:
http://www.antropoloxiagalega.org

Blog:
http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com

Facebook:
https://www.facebook.com/sociedadeantropoloxicagalega

Email:
infosaga@antropoloxiagalega.org

SEDE:Centro Sur.

R/ Luis Braille Nº 40
36003 Pontevedra

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) é socia de ASAEE e AGANTRO

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal