Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


DESCUBRIMENTOS

Logo_SAGA

MÁIS PETRÓGLIFOS INÉDITOS EN OURENSE

Dúas novas descubertas do compañeiro José Gavilanes. Neste caso un novo petróglifo inédito no concello de Pereiro de Aguiar e outro en Xunqueira de Ambía. Achega-las fichas dos achádegos.

Pereiras IX-Pereiras X - a Granxa maquetadas_Página_3

Petróglifo na Chouzana Salgueiros

PETRÓGLIFO INÉDITO EN PADERNE

O compañeiro  José Gavilanes, investigador da equipa de colaboradores da Sociedade Antropolóxica Galega, ven de descubrir un novo petróglifo en Paderne. Achegámo-la ficha desta nova estación rupestre que ven a reafirma-la riqueza descoñecida  neste tipo de gravuras que atesoura a provincia de Ourense. Os cada vez máis frecuentes descubrimentos deste tipo de expresións culturais no interior de Galicia,  moitos deles grazas ó labor teimoso e desinteresado de José Gavilanes,  van ampliar enormemente o campo de estudo da arte rupestre  galaica, rachando, dunha vez por todas, coa idea de que existía un baleiro de petróglifos nas terras interiores do país.

DOUS NOVOS PETRÓGLIFOS EN PADERNE

O compañeiro  José Gavilanes, investigador da equipa da Sociedade Antropolóxica Galega, ven de descubrir dous novos petróglifos en Paderne que se seuma ó anteriormente publicado . Achegámo-las fichas destas novas estacións rupestres e seguimos dando a coñece-la riqueza inédita  neste tipo de gravuras na provincia de Ourense.

Petróglifo Paderne III

TRES NOVOS PETRÓGLIFOS EN TABOADELA

O compañeiro da SAGA José Gavilanes acaba de descubrir tres novos petróglifos no concello ourensá de Taboadela. Achegámo-las fichas destas novas estacións rupestres e seguimos dando a coñece-la riqueza inédita neste tipo de gravuras na provincia de Ourense.

Pereiras

Pereiras IX-Pereiras X - a Granxa maquetadas_Página_1

Pereiras IX-Pereiras X - a Granxa maquetadas_Página_2

Descubrimos unha nova mámoa no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/10/29/hallan-mamoa-monte-lourizan/0003_201210P29C19913.htm#.UI44z40QaZ4.facebook

DESCUBRIMOS NOVOS PETRÓGLIFOS NOS “SETE CAMIÑOS”

O arqueólogo e compañeiro da SAGA Lukas Santiago ven de descubrir un novo petróglifo na parroquia pontevedresa de Lourizán. Ó petróglifo do Outeiro da Edra, como así foi bautizado,  hai que sumarlle o descuberto hai uns meses polo antropólogo da SAGA Rafael Quintía:  o petróglifo de Pedra Escorregadoiro. Ámbolos dous achádegos veñen a imcrementa-lo xa rico patrimonio arqueolóxico dos Espazo dos Sete Camiños. Estes novos xacementos foron postos en coñecemento do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia para que procedan á súa catalogación e protección.

O DESCUBRIMENTO DO PETRÓGLIFO DO OUTEIRO DA EDRA NA PRENSA

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal