Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


CASTROS, CITANIAS E OUTROS POBOADOS

Finca La Algaba, en Ronda, Málaga. 2012

A Sociedade Antropolóxica Galega vista o poboado arqueoexperimental da finca Algaba, en Ronda, Málaga.

No Castelo Pequeno de Santigoso. Unha grande cidade da prehistoria galega

O castelo Pequeno era, inda é, simplemente unha marabilla. Unha cidade dunhas 10 hectáreas cun requintado sistema defensivo composto por varios foxos, parapetos, campos de pedras fincadas e situado nunha cota máxima de 1254 msnm. É tan grande que nel nace un bo cachón de auga que era recollida en cando menos unha gran poza inda visible. En comparación con outros grandes castros de Galicia podemos dicir que ten o mesmo tamaño que o mais coñecido San Cibrao de Las, no NW de Ourense.

O Castro de Saceda no 2013

A Cidade Morta dos Galegos

O Castro da Saceda e a súa, fantástica, contorna.

Recentemente a SAGA ven de colaborar do Concello de Cualedro e os seus técnicos aportando unha ollada antropolóxica sobre un dos escenarios mais fascinantes sobre os que se desenvolve a peripecia da cultura galega tradicional.

Esta fortificación prehistórica está situada ós pes dunha magnífica hierofanía como é o Monte Larouco e moi perto do solar da impactante imaxe de iconografía céltica, aparecida dentro da igrexa de Vilar de Perdizes, Montalegre, cun martelo na mau dereita.
Na chaira endorreica circundante, esténdese cara u oeste, unha preciosa laga rodeada por un ciclópeo valo de pedra. É a Lama da Saceda. Tamén nas inmediacións, está a enigmática Igrexiña dos Mouros e na dirección oposta, cara o leste o túmulo megalítico do Madorriño; e moito mais.

Na Citania de San Fins

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal