Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


ENTROIDO

A Mascara do Cigarrón YouTube

Por o Cigarrón

Ululantem Carmina

Os foliós visitan as vilas de Manzaneda e Vilariño de Conso. Folión de Mormentelos. Entroido 2011.

Peliqueiros de Laza. 2013-HD

O domingo de entroido, no pobo de Laza, Ourense, os Peliqueiros actualizan cada ano o rito da "estrea do peliqueiro". Visten o traxe por vez primeira nese ano e percorren o camiño cerimonial e inveterado pola praza da Picota.
 

Toño Vázquez: O Entroido en Pontevedra. Introducción por Rafa Quintía

Xornadas 2013 sobre o entroido. Na casa das Campás de Pontevedra. Presentación dos poñentes e introducción por parte do Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. Exposición de Toño Vázquez: O entroido en Pontevedra.

Ponencia de José Ángel Rosales. Madamas e Galáns no entroido de Vilaboa.

Xornadas do entroido en Pontevedra organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Ponencia de Xose Ángel Rosales. Madamas e Galáns en Vilaboa.

Xornadas de Pontevedra sobre o Entroido. Ponencia de Miguel Losada

As montañas de Ourense atesouran, inda vivos, unha parte insustituible e moi valiosa, dos estratos mais antigos da primitiva cultura paneuropea. As máscaras e persoaxes que as exhiben, remiten cara un intre do pasado común no que, probablemente, o cambio social propiciou a diversidade cultural.

Exposición da SAGA sobre o Entroido de Galiza

Video da exposición sobre o entroido que organizou a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) co gallo das súas "Xornadas sobre o Entroido de Galiza". Ano 2013.

O traxe de Cigarrón. Intervención de Benito Salgado nas Xornadas sobre o Entrodio de Galiza

Intervención de Benito Salgado nas "Xornadas sobre o Entroido de Galiza" organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Ano 2013.

Intervención de Xerardo Santomé: "A recuperación da figura do Merdeiro".

Xornadas do entroido de Galiza, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Pontevedra, 2013. Intervención de Xerardo Santomé: "A recuperación da figura do Merdeiro"

O Folión de Mormentelos entra en Manzaneda

Entroido 2011na Vila de Manzaneda. O folión de Mormentelos atravesa a Porta da Vila.

Exposición Sobre o Entroido de Galicia SAGA 2014

Durante os días 21 e 22 de febreiro de 2014 a Sociedade Antropolóxica Galega SAGA ten organizado e levado a bo termo unha completa exposición sobre os traxes e demais contidos relacionados co entroido de Galicia.
Evidentemente a esta mostra inda lle falla moito para poder dar conta de todas as manifestacións do grandioso entroido galego, mais a vontade da nosa organización é a de ilo facendo cada vez mellor e de xeito mais completo. 

II Xornadas sobre o Entroido de Galiza. Exposición "O Entroido en Galiza"

Venres de carrada e fulión en Laza 2014

Durante o Venres de entroido, na vila de Laza, os Fulións de Carracedo da Serra e o Tameirón marchan heroicos polas rúas inseridos nunha fantástica comitiva de fachós, cun protagonistas moi destacado: o son.
O son dos vellos carros, das chocas, dos berros e aturuxos. É sen dúbida o son da vida sen adxectivos, tomada segundo nace ou xurde das fontes verdadeiras. A vida que volve, logo da invernía, dacabalo do son e do lume.
 

Antroido en Oimbra

A fin da festa no martes do antroido no pobo de Oimbra, Ourense, visto pola cámara da Sociedade Antropolóxica Galega. O Meco dá a súa xeira derradeira polas rúas. Escoltado polos fachucos, lévase cara a praza onde remata amortizado de vez. Arde a víctima itifálica. Arde no medio da troula, pra ledicia do poder numinoso do antroido galego.

Percusión do entroido. Extractos 2014

Un avance do que vai vir, neste eido. Permanezan atentos, se queren saber mais.

II Xornadas sobre o Entroido de Galiza. "Proxecto de recuperación do Entroido tradicional de Marcón"

Mascarada15ViaVil

Nesta pasada fin de semana de xaneiro de 2015, tivo lugar a I Mascarada Ibérica en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. As vellas montañas das Terras Altas tremeron de novo co son dos Folións no medio da invernía. A cor e o ritmo encheron a paisaxe ancestral, os espazos poboáronse da cultura que xurdiu e correu, como un cachón, dende as tan simbólicas alturas da serra.

Exposición "O Entroido en Galiza" 2015

Clausura das Xornadas do Entroido 2015: Concerto de Carme Gallego, César Loureiro e Xan Aparicio

Entroido Manzaneda 1997

Edición dixitalizada das imaxes do fulión pedindo permiso para entrar e facer fulión na vila de Manzaneda, Ourense, a finais dos 90 do século XX.

O Exercito dos Panos en Arcos, Coro dos Cegos e Coro dos Vellos.

Entroido na Parroquia de Arcos, Mazaricos, A Coruña, Galicia. En 2017 o Exercito dos Panos mailo Coro dos Vellos e o Coro do Cegos volven saír de Entroido actualizando así unha antiga e acrisolada tradición.

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal