Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


ARQUIVO AUDIOVISUAL

Aproveitando os recursos e as posibilidades divulgativas que nos achega o mundo do Antropoloxía Visual,  a Sociedade Antropolóxica Galega aborda este ambicioso proxecto de creación do Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega. Nesta aventura a prol do coñecemento e da divulgación da cultura galega e da diversidade cultura lpreténdese recoller, en formato audiovisual, diferentes aspectos que conforman a nosa cultura e realidade social. Aspectos e temas como os ritos, as tradicións, os costumes populares, as festividades cíclicas, a cultura musical e o bailes, os saberes e oficios tradicionais, a etnomedicina, a relixiosidade popular ou o patrimonio etnográfico, histórico e arqueolóxico teñen cabida neste arquivo audiovisual. Para poder levar a cabo este proxecto e que revirta na sociedade, ademais das presentacións e proxeccións públicas que se fagan, na canle de Youtube da SAGA iranse colgando as distintas pezas audiovisuais de xeito que os contidos destes arquivo estean dispoñibles para todo aquel que o desexe. Asemade, cómpre subliñar o xa emprendido labor de produción de documentais de grande formato nos que se tratarán en profundidade diferentes aspectos de interese do campo da antropoloxía e da historia de Galicia. Todos estes traballos estarán dispoñibles na nosa páxina web.

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal