Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Subida ó Castelo de Cerveira. Primeira parte

As glaciacións deixaron extraordinarias paisaxes, pouco coñecidas, en Galicia. Unha delas é a do espectacular teso chamado Castelo de Cerveira, no corazón da Serra da Queixa, no Macizo Central Galego.
Este lugar é un escenario de dimensións épicas ó cal o paso dos séculos e da Historia engadiron excepcionais e enigmáticos restos arquitectónicos, que fican hoxe varados, como aqueles outros que seica están no cúmio do Ararat.
No caso do Castelo de Cerveira os restos son tan obxectivos como extranos. Unha gran fortificación ben conservada e "náufraga" no cimo dun monte que semella unha xigantesca proa. Este é o video que acompaña ó relato da ascensión da SAGA a este curuto e do que aló atopamos.

CONTIDO MULTIMEDIA:

  

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

ARQUIVO AUDIOVISUAL

TRABALLO DE CAMPO

ATLAS DO ENTROIDO

Aviso Legal