As montañas de Ourense atesouran, inda vivos, unha parte insustituible e moi valiosa, dos estratos mais antigos da primitiva cultura paneuropea. As máscaras e persoaxes que as exhiben, remiten cara un intre do pasado común no que, probablemente, o cambio social propiciou a diversidade cultural.
A fin da festa no martes do antroido no pobo de Oimbra, Ourense, visto pola cámara da Sociedade Antropolóxica Galega. O Meco dá a súa xeira derradeira polas rúas. Escoltado polos fachucos, lévase cara a praza onde remata amortizado de vez. Arde a víctima itifálica. Arde no medio da troula, pra ledicia do poder numinoso do antroido galego.
Xornadas do entroido de Galiza, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Pontevedra, 2013. Intervención de Xerardo Santomé: "A recuperación da figura do Merdeiro"
Intervención de Benito Salgado nas "Xornadas sobre o Entroido de Galiza" organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Ano 2013.
Video da exposición sobre o entroido que organizou a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) co gallo das súas "Xornadas sobre o Entroido de Galiza". Ano 2013.
Xornadas 2013 sobre o entroido. Na casa das Campás de Pontevedra. Presentación dos poñentes e introducción por parte do Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. Exposición de Toño Vázquez: O entroido en Pontevedra.
Xornadas do entroido en Pontevedra organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Ponencia de Xose Ángel Rosales. Madamas e Galáns en Vilaboa.
Un avance do que vai vir, neste eido. Permanezan atentos, se queren saber mais.
Sociedade Antropolóxica Galega
Aviso Legal