FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIONISTA: Rafael Quintía
REALIZACIÓN: João Bieites
GRAVACIÓN E MONTAXE: João Bieites
RECREACIÓN 3D: miguel-Ângelo Bieites
VOZ EN OFF: Paz Castro
MÚSICA: Carmen Gallego e César Loureiro
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Un documental realizado co finanzamento do Concello de Pontevedra, Concellería e Patrimonio Histórico.
TÍTULO ORIXINAL: “MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico
Produción propia realizada a cor
ANO: 2016
DURACIÓN: 93 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
PVP: 8 €
SINOPSE:
Os muíños son uns dos elementos etnográficos máis senlleiros e identificativos da paisaxe cultural e natural de Galiza. Construcións vencelladas á vida agraria cuxa función foi fundamental para a supervivencia das xentes e para o desenvolvemento económico da sociedade. Os muíños de río eran auténticas fábricas de maná, que en forma de fariña facían posible a fabricación do pan, alimento básico na dieta dos labregos.
Este novo documental da Sociedade Antropolóxica Galega achéganos á historia dos muíños de río, á súa arquitectura e funcionamento, aos seus usos e costumes, ao patrimonio inmaterial a eles vencellados e ao papel económico e social que xogaron nas comunidades agrarias galegas ao longo do tempo.
VISIONADO ONLINE:
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal