Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Noite no Petróglifo das Covas Rubias

Como remate da primeria campaña de traballo sobre esta extraordinaria peza do patrimonio de Galicia, onte , día 24 de Agosto de 2013 animamos á xente da contorna para que subiran até o lugar onde se atopa co albo de experimentar outra caste de relación cun senlleiro elemento da nosa cultura descuberto pola SAGA nos últimos tempos.

Perto de cen persóas subiron no medio da noite e a pé por unha pista forestal absolutamente escura, até a media ladeira do Monte Meda. Chegaron á entrada coto mineiro de Arcucelos e un pouco por riba da antiga casa dos guardeses dunha das minas que ó longo do tempo, ten aproveitado o tesouro de estaño e volfram, atenderon ás explicacións realizadas sobre o panel mesmo e con diferentes iluminacións. 
A lectura da poesía de Rafa Quintía por parte de Luis Lozano, o Home da Pedra, e a heroica - polo precario das condicións- actuación de Rafa Castro e Nito G.moro puxeron fin desta volta, ó traballo de investigación e divulgación neste lugar.

Mais esta laboura non ten feito mais que comezar. Novas actividades xa cocen na pota da SAGA e novas liñas de investigación e divulgación dan, silandeiramente, os seus primeiros pasos.
Até breve, pois.

CONTIDO MULTIMEDIA:

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal