Dedicado ó señor Antonio Rubes Barreal, que inda o pode gozar.
O día tres de maio de cada ano ten lugar na vila de Laza a festa do Santo Cristo. Varios son os puntos de interese desta celebración, de xeito que cando teñan a oportunidade de asistir a ela, recomendámoslles que presten especial atención á saída da procesión cara a Praza da Picota onde a "Eva" incorpórase ó cortexo fiando no fuso e cunha actitude se absoluta seriedade. Non pode baixo ningunha circunstancia rir. Despois, na praza do cruceiro, os danzantes bailan outra vez ó redor deste característico elemento situado dun xeito totalmente singular sobre un pozo de cantería. Prosegue a comitiva cara á Picota de novo onde ten lugar a representación do "sacrificio de Isaac". regresa a procesión á igrexa e poxase a entrada das imaxes dentro do templo.
Estandartes, imaxes e o ramo de loureiro acompañan todo o percorrido, neste último van pendurados un galo vivo, damos fe, e unha rosca que logo será o premio da carreira final entre os mozos danzantes. Todo un completo programa con inda mais matices que compre degustar in situ...o ano que ven.
O noso post do ano pasado.
http://sociedadeantropoloxicagalega.w...
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal