Neste ano 2021 no que a pandemia da Covid 19 e as súas medidas sanitarias fan imposible a celebración do Entroido tal e como é concebido, e no que os actos culturais e públicos vense reducidos para garantir a seguridade da poboación, vímonos obrigados a cancelar as nosas xornadas anuais e presenciais sobre o Entroido de Galiza.
Pero dende a Sociedade Antropolóxica Galega non quixemos deixar pasar esta celebración que clausura as festas do inverno sen achegar a nosa humilde contribución para facer estes tempos duros e difíciles algo máis levadeiros. Xa que non é posible dármonos cita presencialmente, como viña sendo habitual, para falar, debatir e aprender ao redor do noso Entroido, decidimos compensalo cun extenso ciclo online de conferencias. Velaí as “IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza” edición online. Un interesante ciclo de 10 días de conferencias a cargo de membros e colaboradores da SAGA, que comezará o Venres de Entroido e rematará o Domingo de Piñata. Cada día, ás 20h colgarase no noso blogue e no noso Facebook unha conferencia para que todo aquel que o desexe poida acceder libremente a ela. Agardamos que sexa do voso gusto e que Viva o Entroido!!
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal