Nesta primaveira de 2014 o MuCEM, Museo das Civilizacións de Europa e do Mediterráneo, vai inaugurar unha exposición adicada ós entroidos e mascaradas do espazo euro-mediterráneo, segundo a denominación empregada por esta institución cultural que se atopa na cidade de Marseille, Francia
O Mundo do revés é o título da nova exposición que terá como escenario as instalacións do MuCEM, en Marseille, Francia. Esta institución abriu as súas portas en xullo do ano 2013 co gallo de servir como a casa escaparate das manifestacións culturais da Cultura e as Civilizacións de Europa. Os integrantes da SAGA levamos moitos anos investigando e documentando os entroidos de Galicia como unha parte insustituible e esencial para entender o contexto europeo das festas da invernía do noso continente. O traballo dos colaboradores e investigadores da SAGA a prol da Cultura de Galicia foi recoñecido e considerado valioso polos responsables de contidos do museo que o consideraron interesante para axudar a coñecer, dun xeito mais exahustivo, a realidade cultural e tradicional dos pobos europeos. Esto, evidentemente, é un merito da nosa cultura e da súa excepcional calidade e fondura de contidos que nun tempo mesmo estiveron no centro mesmo das dinámicas expresivas e creadoras das terras que marxean as costas occidentais da vella Europa. Neste enlace poden descargar mais información ó respecto Présentationcom2013 Así, dende hai mais dun ano, temos estado traballando xunto ca conservadora xefa do MuCEM, Marie_Pascal Mallé, e outros traballadores do MuCEM, como a Srª. Anne André, co albo de que as festas da invernía galega estiveran presentes en pe de igualdade cas do resto dos paises da UE.
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal