A Sra. Felicia Insuela interpreta un canto de berce tradicional galego.
O músico Benito Salgado á zanfona acompañadó ó pandeiro por Antonio Vázquez interpretan os temas: "O cantar do arrieiro" e "Historias do Cebreriro". Actuación celebrada na" I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.
O músico David Iglesias á zanfona, acompañadó ó pandeiro no segundo tema por Antonio Vázquez, interpreta os temas: "O cego andante" e "San Fins de Castro". Actuación celebrada na "I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.
O músico Xandre Outeiro interpreta á zanfona os temas: "A silveira" e "xotas de Mangueiro e Malpica". Actuación celebrada na" I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.
O zanfonista Cesar Loureiro e a violinista e nickelharpista Carmen Gallego, acompañados ó pandeiro por Antonio Vázquez, interpretan tres temas tradicionais (galego, francés e sueco). Actuación celebrada na" I Xornada sobre Música Tradicional: A zanfona na música galega". Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega. Xullo 2013.
Dentro xa do pleno período do antroido galego, nas Terras de Trives a xente da Caniceira segue co rito da quenta dos bombos e demais instrumentos do Fulión. Compre espertar os tarecos para acadar o mais alto cando sexa tempo de dalo todo na treboada de percusión galega.
Un avance do que vai vir, neste eido. Permanezan atentos, se queren saber mais.
A.C. Trepia de Pontevedra interpreta o tema Anos Novos de Mozo. Nadal 2013-2014
Bando de reiceiros de Mesía cantando no V Certame de Cantos de Reis de Boimorto
A A.C. Os Chichisos canta os Reis polas rúas e prazas de Pontevedra. Nadal 2014.
"Penélope", peza musicada e interpretada por "Mini e Mero", do poema homónimo autoría do poeta galego, escritor e tradutor, Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914 - Lugo, 1990).
Diversas pezas musicais tradicionais galegas interpretadas na foliada celebrada durante a "Festa do Sol", organizada pola "Eira da Xoana" na data do solsticio de Invernía do 21-12-2016.
(Ramil-Pontevedra)
* Son ao vivo. Audio ambente.
* Eira da Xoana: http://eiradaxoana.gal/
Entroido na Parroquia de Arcos, Mazaricos, A Coruña, Galicia. En 2017 o Exercito dos Panos mailo Coro dos Vellos e o Coro do Cegos volven saír de Entroido actualizando así unha antiga e acrisolada tradición.
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal