Aproveitando os recursos e as posibilidades divulgativas que nos achega o mundo do audiovisual e da fotografía, a Sociedade Antropolóxica Galega aborda este ambicioso proxecto de creación do Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega. Nesta aventura a prol do coñecemento da nosa identidade cultural preténdese recoller, en formato documental e fotográfico, todos aqueles ritos, tradicións, costumes populares, festas, músicas, bailes e calquera outra expresión cultural enmarcable na nosa cultura popular. Para poder levar a cabo este proxecto e que revirta na sociedade, ademais das presentacións e proxeccións públicas que se fagan, ponse en marcha o canal SAGA TV onde se irán colgando as distintas pezas audiovisuais de xeito que os contidos destes arquivo estean dispoñibles para todo aquel que o desexe. Asemade, cómpre subliñar o xa emprendido labor de produción de documentais de grande formato nos que se tratarán en profundidade diferentes aspectos de interese do campo da antropoloxía e da historia de Galicia. Todos estes traballos estarán dispoñibles na nosa páxina web.
Sociedade Antropolóxica Galega
Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.
Blog da Antropoloxia Galega
En Twitter
En Youtube
En Ivoox
En Isuu
Aviso Legal