Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


Do megalitismo á idade de ferro: viaxe de investigación a Gran Bretaña

Logo_SAGA

Viaxe de investigación a Gran Bretaña realizada no inverno do 2013 polos membros da SAGA Miguel Losada e Rafal Quintía para afondar no coñecemento do fenómeno megalítico nas Illas Británicas, no estudo dos asentamentos da Idade do Ferro (hillfort) e no acervo mitolóxico británico. Os resultados desta investigación están recollidos na monografía de Miguel Losada “Albión Galaica: Unha viaxe polas antigüidades e tradicións de Gales e Inglaterra”

STONEHENGE: A SAGA na chaira de Salisbury.

O ano 2013 ten sido un período con grandes novidades referentes a unha das iconas máis senlleiras do ámbito cultural atlántico europeo: Stonehenge. 

stonehenge

O Círculo Lítico de Avebury

Percorremos unha das mais incribles, por improbables, realizacións culturais das sociedades prehistóricas eurpeas. Unha inmensa gavia rodeada dun branco, en orixe, noiro prodixioso que contaba ademais cun ciclopeo anel de pedras descomunais labradas, arrastradas e colocadas cun esforzo colectivo fora do común. Avebury, a aldea, ten unha interesante realción galaica por via do seu patrón. Nada menos que Santiago Apostol.

WEST KENNET LONG BARROW

Arredores e interior dunhas das mámoas mais fascinantes do continente europeo. Sita a carón do teso de Silbury Hill, nesta ocasión a paisaxe nevada e a invernía dotan a este lugar dunha atmosfera teatral e magnificente. Dentro da viaxe realizada a primeiros de 2013 ó País de Gales e Inglaterra, este foi outro dos lugares acadados nun periplo no que o tempo xélido deu en ser un compañeiro de viaxe que, despois de todo, fixo posible unha interesante e pouco divulgada perspectiva sobre este e outros grandes items da cultura dos pobos da vella Europa.

Uffington Castle e o Outeiro do Dragón

Camiñando sobre o lombo do dragón. Visitamos o castro de Uffington Castle cuberto de neve. Trátase dunha estrutura realizada con parapetos de terra enteiramente semellante por emprazamento e sistema construtivo a moitos castros galegos como os do norte lucense.

Snowdownia & Druid Circle

Nesta ocasión, na alta Snowdownia, a terra dos nevazos, subimos até o monte chamado Meini Hirion, Penas Longas en galego, sobre a vila costeira de Penmaenmawr. Unha subida no medio do nevazo e contra o consello dos locais, mais para que que estabamos preparados, dispostos e motivados. Ademais era unha oportunidade que cumpría aproveitar. A Roda dos druidas, o Druid Circle, e a maxestuosa paisaxe pagaron ben o esforzo daquel solpor.

 

Wayland´s smithy Long Barrow

Acompañados do gran coñecedor da zona e especialista en relixións antigas, o noso amigo Mark K. J, visitamos a impresionante medorra de Wayland´s Smithy en Oxfordshire. Na beira do Ridgeway, o considerado "camiño mais antigo" de Gran bretaña, este monumento neolítico constitúe un fito fundamental para comprender a exhuberancia das antigas sociedades que poboaron Europa nun tempo no que as culturas gastaban divindades como este Wayland ou Völundr, o deus ferreiro.

SilburyHill Teso Neolítico

O teso da tumba do rei Sil, así o quere a soberana tradición popular local, é un monte artificial que ademais comezou sendo tamén unha illa artificial. Un dos mais salientables elementos dunha paisaxe que, polo visto, cumpriu aumentar en contidos e, xa que logo, en espectativas, probablemente por que aquela paisaxe non era dabondo vizosa para unhas comunidades que aspiraban a todo. Unha realidade socialmente construída. Como todas por outra parte.

A Catedral de Salisbury

Visitamos a Catedral de Salisbury, fundada onde un cervo foi morrer logo de ser apañado, máxicamente, por unha frecha.

WoodHenge: Un Santuario de Madeira

Antes, moito antes dos monumentos de pedra que inzan na chaira de Salisbury, Inglaterra, estaban os círculos de postes de madeira. Nas inmediacións do mais famoso Stone Henge, este lugar é un espectacular vestixio dun mundo e unhas sociedades sofisticadas que escolleron habitar unha realidade prodixiosamente aumentada.

 

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal