Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


IX XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

Neste ano 2021 no que a pandemia da Covid 19 e as súas medidas sanitarias fan imposible a celebración do Entroido tal e como é concebido, e no que os actos culturais e públicos vense reducidos para garantir a seguridade da poboación, vímonos obrigados a cancelar as nosas xornadas anuais e presenciais sobre o Entroido de Galiza.

Pero dende a Sociedade Antropolóxica Galega non quixemos deixar pasar esta celebración que clausura as festas do inverno sen achegar a nosa humilde contribución para facer estes tempos duros e difíciles algo máis levadeiros. Xa que non é posible dármonos cita presencialmente, como viña sendo habitual, para falar, debatir e aprender ao redor do noso Entroido, decidimos compensalo cun extenso ciclo online de conferencias. Velaí as “IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza” edición online. Un interesante ciclo de 10 días de conferencias a cargo de membros e colaboradores da SAGA, que comezará o Venres de Entroido e rematará o Domingo de Piñata. Cada día, ás 20h colgarase no noso blogue e no noso Facebook unha conferencia para que todo aquel que o desexe poida acceder libremente a ela. Agardamos que sexa do voso gusto e que Viva o Entroido!!

 

O Entroido reminiscencia dun ancestral ritual de inverno Por Lidia Mariño

As Tropas de Máscaras e Antroidos nas fronteiras do Mundo Por José Luis Cardero

O jogo do entrudo no Brasil colonial Semellanzas co entroido ourensán Por Carlos Ares

A Muiñeira cruzada do Entroido de Samede Por Uxío Leira

As vacas e os touros no entroido. Por Roberto de la Torre

Damas e galáns do entruido de Nerga. Entrevista a Guillerme Ignacio

O espectro dun entroido adormecido (O Courel). Por Fernando Yáñez e Emi Cagiao

O Mércores de Cinza O Enterro do Entroido. Por Emi Cagiao

O Entrudio nas montañas de Manzaneda. Mázcaras xiróvagas, danzas rotacionais.. Por Rafael Quintía

O carácter simbólico e ritual do porco no Entroido. Por Anxo Rosales e Ana Durán

Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress   Blog da Antropoloxia Galega

Wordpress En Facebook

Twitter   En Twitter

Youtube   En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal