Sociedade Antropolóxica Galega
Galician Anthropological Society


  Ultimas publicacións


CULTO LITOLÁTRICO E SINCRETISMO RELIXOSO NO SANTUARIO DA "VIRXE DO NORDÉS"

A tradicional romaría da milagreira Virxe do Nordés, coñecida popularmente como "Virxe de Chamorro" en virtude do topónimo do monte -dos sobranceiros da localidade ferrolá- onde fica seu santuario, é unha celebración coincidente co Luns de Pascua. Conta desde sempre con grande sona en Ferrolterra, constituíndose como un multitudinario punto de encontro para os miles de romeir@s que adoitan acudir ao lugar, ben sexa por interese relixoso, por puro interese cultural ou ben por un simple interese turístico motivado polo seu ambente marcadamente campestre, festeiro, de venda de mercadorías e a privilexiada localización natural que ofrece a ubicación para disfrutar dunha fantástica e ampla vista panorámica que abrangue desde o alto a cidade departamental de Ferrol, os seus redores e as augas da Ría nordeña que bañan este litoral.


Pedrafita-Menhir de San Cosme de Mántaras: Solsticio de Invernía

Rexistro en vídeo da marcaxe solsticial de Invernía na pedrafita-menhir de San Cosme de Mántaras (Irixoa. Terra das Mariñas-A Coruña).
Máis datos acerca desta pedrafita no traballo do título publicado no "Fol de Veleno-2.015, anuario nº 5 da S.A.G.A.


PEDRAFITA "MARCO DO SALTO" (Cabanas. Terras do Eume-A Coruña)

O "Marco do Salto" localízase no Concello de Cabanas (Terras do Eume-A Coruña), cumpre función liminal entre as freguesías do Salto (Sta. Cruz), Laraxe (San Mamede) e Irís (Sto. Estevo). 

Ofrécese en material de pedra de Granito cunha fasquía pulida e fálica, ten un contorno na súa base de 100 cm. e de 85 cm. na croa, a partir da liña terriza conta cunha altura máxima de 54 cm. na banda S.O.

Esta pedrafita goza de propiedades curativas contra do Meigallo e o Mal de Ollo tanto nas persoas coma nos animais; nalgunhas localidades inmediatas especifican do animal en cuestión: "Para 
as vacas enfermas". 

No ritual a seguir para erradicar estas enfermedades "non de médico" debe deixarse unha prenda ou complemento propiedade da persoa á que se desexa dar remedio e liberar do mal, no caso de ser a propia persoa afectada quen realiza o ritual pousará unha moeda na coviña que destaca no centro da súa croa ou ben procederá a deixala no redor inmediato do marco, ben en superficie ben soterrada ao pé . No caso da curación dun animal déixase un mechón dos pelos do rabo do animal, e de ser este unha Vaca falan na veciñanza da opción optativa de deixar unha botella que conteña seu leite.



 


PEDRAFITA "MARCO DO SEIXO (OU DE TORRES)"

A pedrafita "Marco do Seixo" establécese nun cruce de camiños, a carón do cambio de vertente do Monte Grande -que conta cunha pequena necrópole tumular- (Vilarmaior), constituíndose como punto liminal das freguesías de San Fiz de Monfero, San Xurxo de Torres e Santiago de Vilamateo (Vilarmaior), ao tempo que entre ámbolos dous devanditos concellos coruñeses de Monfero (Terras do Eume) e Vilarmaior (Terra das Mariñas).

 


Subida ó Castelo de Cerveira: Na procura dunha fortaleza esquecida. 2º parte

Neste vídeo retomamos a acción onde a deixamos no anterior video adicado ao ascenso cara o curuto do Castelo de Cerveira. Logo de acadar o cumio e exploralo, comezamos o descenso e nel atopamos de xeito inesperado algunhas sorpresas.


Subida ó Castelo de Cerveira. Primeira parte

As glaciacións deixaron extraordinarias paisaxes, pouco coñecidas, en Galicia. Unha delas é a do espectacular teso chamado Castelo de Cerveira, no corazón da Serra da Queixa, no Macizo Central Galego.
Este lugar é un escenario de dimensións épicas ó cal o paso dos séculos e da Historia engadiron excepcionais e enigmáticos restos arquitectónicos, que fican hoxe varados, como aqueles outros que seica están no cúmio do Ararat.
 


Calco dun petróglifo no Monte Lastredo Laza

Durante a tarde do día 29 de Agosto de 2013, no monte do Lastredo, Laza, o equipo de traballo realizou calcos das imaxes dispostas sobre as rochas esquistosas da estación arqueolóxica que circunda o "Penedo das Pisadiñas" o cal xa ten sido obxecto da mesma acción arqueolóxica nos días anteriores.


Noite no Petróglifo das Covas Rubias

Como remate da primeria campaña de traballo sobre esta extraordinaria peza do patrimonio de Galicia, onte , día 24 de Agosto de 2013 animamos á xente da contorna para que subiran até o lugar onde se atopa co albo de experimentar outra caste de relación cun senlleiro elemento da nosa cultura descuberto pola SAGA nos últimos tempos.


Contactos

Sociedade Antropolóxica Galega

Síguenos na Rede

Segue a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) nas Redes Sociais.

Wordpress  Blog da Antropoloxiagalega

Facebook En Facebook

Twitter  En Twitter

Youtube  En Youtube

 En Ivoox

 En Isuu

Aviso Legal