PANEL USUARIO

Usuario
Contraseña

  Olvide la contraseña

TIENDA ONLINE

Debes de estar registrado para poder comprar.

Registrarse

BUSCA TU PRODUCTO


 


Muiños. A memoria da auga.


Documentais

Descripción:

DATOS TÉNICOS:

Dirección e guión: Rafael Quintía.
Realización: João e Miguel-Ângelo Bieites.
Música: Carmen Gallego e César Loureiro.
Ano 2016.
Duración: 93 minutos.
Idioma VO: Galego.

SINOPSE:

Os muíños son uns dos elementos etnográficos máis senlleiros e identificativos da paisaxe cultural e natural de Galiza. Construcións vencelladas á vida agraria cuxa función foi fundamental para a supervivencia das xentes e para o desenvolvemento económico da sociedade. Os muíños de río eran auténticas fábricas de maná, que en forma de fariña facían posible a fabricación do pan, alimento básico na dieta dos labregos.

Ester novo documental da Sociedade Antropolóxica Galega achéganos á historia dos muíños de río, á súa arquitectura e funcionamento, aos seus usos e costumes, ao patrimonio inmaterial a eles vencellados e ao papel económico e social que xogaron nas comunidades agrarias galegas ao longo do tempo.

PRECIO:

8.00 €

Unidades disponibles:0

Cantidad