PANEL USUARIO

Usuario
Contraseña

  Olvide la contraseña

TIENDA ONLINE

Debes de estar registrado para poder comprar.

Registrarse

BUSCA TU PRODUCTO


 


SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo


Documentais

Descripción:

SINOPSE:

O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é unha proposta que pretende poñer en valor o importante e rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos Sete Camiños, o Monte do Pornedo e o Monte do Catadoiro. É un espazo que conforma unha unidade natural que abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra e San Xulián, en Marín. O documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo pon voz e imaxes a este proxecto que supón unha nova estratexia colectiva que aposte por unha xestión sostible dos nosos montes e recursos, pola conservación e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial e por unha visión a longo prazo para garantir unha digna herdanza natural e cultural para as xeracións futuras. Só así será posible a creación deste espazo natural e arqueolóxico, só así terán un futuro viable os nosos montes e a nosa propia cultura.  

 

FICHA ARTÍSTICA:

DIRECCIÓN: Rafael Quintía e Lukas Santiago

GUIONISTA: Rafael Quintía e Lukas Santiago

REALIZACIÓN: Lukas Santiago e João Bieites

PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.

 

FICHA TÉCNICA:

PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.

SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha

TÍTULO ORIXINAL: “SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo”

TIPO: Documental

XÉNERO: Arqueológico, etnográfico e social

Produción propia realizada a cor

ANO: 2011

DURACIÓN: 43 minutos aprox.

ORIXE: Galiza

IDIOMA V. O.: Galego

PRECIO:

8.00 €

Unidades disponibles:10

Cantidad