PANEL USUARIO

Usuario
Contraseña

  Olvide la contraseña

TIENDA ONLINE

Debes de estar registrado para poder comprar.

Registrarse

BUSCA TU PRODUCTO


 


Metocas


Documentais

Descripción:

Documental “METOCAS”


SINOPSE:

Na paisaxe do campo galego había unha estampa pintoresca que o furacán do progreso vai arrasando co paso do tempo. As METOCAS ou metoucos, segundo o lugar ou a feitura con que se facían en cada comarca. Estas medas ou palleiros cónicos da palla de millo tiñan diversas utilidades: Recoller a palla do nutritivo cereal nun lugar axeitado, complementar o alimento do gando vacún e sin pretendelo dar bonitura a paisaxe do campo galego. Hoxe, case que desaparecidos, alumean o noso esprito espallados polas leiras galegas. A xente de Vaipolorío, observaos nestes 11 anos como estas “construccións vexetais” foron desaparecendo, de feito no val de Tomeza na máis este ano foron feitos dous exemplares.

 

Este documental realizado pola Sociedade Antropolóxica Galega, a inciativa da Asociación cultural Vaipolorío, recolle paso a paso a construción dunha destas metocas A realización da metoca correu a cargo de José Ramón López Laxe, veciño da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo. A parte técnica da produción do documental correu a cargo de João Bieites, Licenciado en Belas Artes, profesor de Plástica, Deseño Técnico e Cultura Audiovisual no Ensino Secundario e membro de S.A.G.A. (Sociedade Antropolóxica Galega).

 

FICHA ARTÍSTICA:

REALIZACIÓN: João Bieites,

PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa asociación Vaipolorío

 

FICHA TÉCNICA:

PRODUCTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa asociación Vaipolorío

TÍTULO ORIXINAL: “Metocas”

TIPO: Documental

XÉNERO: Etnográfico

Produción propia realizada a cor

ANO: 2011

DURACIÓN: 15 minutos aprox.

ORIXE: Galiza

IDIOMA V. O.: Galego

PRECIO:

6.00 €

Unidades disponibles:10

Cantidad