PANEL USUARIO

Usuario
Contraseña

  Olvide la contraseña

TIENDA ONLINE

Debes de estar registrado para poder comprar.

Registrarse

BUSCA TU PRODUCTO


 


A Nosa Señora da Lanzada


Libros

Descripción:

A Nosa Señora da Lanzada. Estudo antropolóxico de un santuario marítimo.

 

A Nosa Señora da Lanzada é un dos santuarios máis poderosos de Galicia. A súa privilexiada localización, nun promontorio costeiro rodeada de areais e fronte ó Océano Atlántico, converte a este recinto sagrado nun lugar único da nosa xeografía relixiosa, en punto de destino de miles de devotos e nun porto de partida das almas cara ó Alén, ó Máis Alá. Neste máxico lugar conxúganse os ancestrais ritos precristiáns co culto á Virxe, a divina intervención da Nosa Señora da Area cos poderes das augas, os astros e as pedras; a crenza nunha vida no Máis Alá coas ánimas en pena, co remeiro Caronte e coas bestas fantasmagóricas que habitan as nosas rías e as nosas illas. En definitiva, o mundo terreal e profano co mundo do sobrenatural e do divino. O autor descúbrenos nesta obra, galardoada co premio Luís Cuadrado 2010, todo o universo mítico e relixioso que envolve a este espectacular santuario da Lanzada e fai un estudo pormenorizado de tódolos elementos materiais, inmateriais e simbólicos que configuran este famoso santuario da costa galega.

 

A Nosa Señora da Lanzada. Estudo antropolóxico de un santuario marítimo é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega.

Datos técnicos:

Autor:Rafael Quintía Pereira

Editorial:Librería Nós

Impresión:color

Tamaño:23x16

240 páxinas

I.S.B.N. 978-84-615-2509-6

PRECIO:

20.00 €

Unidades disponibles:10

Cantidad